Ayudas postdoc Horizonte 2020

Horizon-2020

O European Research Council (ERC) ven de publicar unha nova convocatoria de Advanced Grants (AdG) dentro do Programa de Ciencia Excelente do Horizonte 2020. As AdG están dirixidas a investigadores sénior de recoñecida traxectoria e con contribucións de impacto nos últimos dez anos e que presenten proxectos individuais moi innovadores e de moi alta calidade en calquera área temática. Esta convocatoria permanecerá aberta ata o martes 2 de xuño de 2015.

Desde a Vicerreitoría de Investigación, a través da OTRI, estase a apoiar decididamente a preparación de propostas ao ERC onde se inclúen, ademais das AdG, as Starting Grants (StG) para investigadores que teñan entre 5 e 7 anos de experiencia postdoutoral, e as Consolidator Grants (AdG) para investigadores que teñan máis de 7 anos e menos de12 de experiencia postdoutoral.

Se está interesado en recibir información deste tipo de convocatorias ou ten pensado presentarse a algunha delas, pregámoslle que se poña en contacto co técnico da Otri José Mahía, (jmahia@udc.es; extensión:2073), quen lle poderá explicar polo miúdo as características propias deste programa, asesoralo na preparación da súa proposta e informalo sobre os prazos e datas das diferentes convocatorias que se veñen publicando.

Este Programa é altamente competitivo e a elaboración de propostas require de tempo suficiente para preparar proxectos moi traballados e de calidade, polo que é moi recomendable que se poña en contacto connosco o antes posible no caso de estar interesado en calquera modalidade deste Programa.

Deja un comentario


seis − = 2